17/10/2011

BASES DO CONCURSO CARTEIS. 37 ª FESTA DO QUEIXO, ARZÚA 2012


Arranca o concurso de carteis!! Abaixo podedes ver as bases da edición 2012. 
Boa sorte a tod@s!;)

BASES

- O orixinal poderá ser de libre formato acoutado a unha medida entre 30x40 e 70x100cm. Cada autor poderá participar co nº de traballos que desexe, sempre que estes sexan orixinais, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital.

- A obra debe presentarse sen sinatura de autor, que limitará a súa identificación a un lema, e debe acompañarse dun sobre pechado cos seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico, así como unha breve explicación da obra e/ou calquera outro dato que o/a autor/a desexe engadir para definir o traballo. A organización solicita aos participantes acompañen cada obra presentada con cadansúa copia en formato dixital –CD/DVD-

- O xurado valorará especialmente a creatividade do arte final, a relación co evento a través da nosa cultura e idiosincrasia, o seu impacto visual publicitario e as potencialidades como para a creación de posteriores aplicacións gráficas. Deberá figurar o texto “ARZÚA 37ª FESTA DO QUEIXO, 2, 3 e 4 DE MARZO DE 2012”. Igualmente, os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.

- Os orixinais deberán ser enviados antes do 31 de decembro de 2011 á Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo, 33 1º andar 15810 Arzúa- (edif. sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal) 

- A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o xoves 12 xaneiro de 2012 ás 14:00h mediante valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión ‘Festa do Queixo’, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o domingo 8 de xaneiro, entre as 12 e as 14h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o 12/01/12, para poder entrar tamén na votación final do xurado.

- A peza elixida polo xurado como 1º premio será o cartel anunciador da 37ª edición. Todas as pezas recibidas serán expostas ao público do 3 ao 31 de xaneiro na Capela de Madanela. A entrega de premios incluirase no acto inaugural da 37ª Festa do Queixo.

- Os catro orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa. Os orixinais non premiados poderán recollerse Oficina da Concellaría de Cultura ata 60 días despois da celebración do evento.

- A Comisión resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere e aquela que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables.


PREMIOS

o certame outorgará catro premios, repartidos en:

1º PREMIO: 600
+ 1 FIN DE SEMANA en TURISMO RURAL para 2 pax.+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL CRDOP Arzúa-Ulloa 

2º PREMIO: 300 €
+ 1 XANTAR en TURISMO RURAL para 2 pax.+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL CRDOP Arzúa-Ulloa 

3º PREMIO: 100 €
+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL CRDOP Arzúa-Ulloa 

4º PREMIO: agasallo especial "Festa do Queixo"
+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL CRDOP Arzúa-Ulloa

ORGANIZA

       

14/10/2011

ARRANCA A 37ª EDICIÓN CO CONCURSO DE CARTEIS! ACHÉGANOS A TÚA PROPOSTA


Benvid@s á 37ª da Festa do Queixo!

Ola amig@s, 

Desde a Organización queremos saludarvos e anunciarvos que comezamos a edición 2012 coa convotatoria do Concurso de Carteis.  Neste senso, desexamos trasmitirvos a nosa satisfacción pola ampla participación; van xa dous anos consecutivos batendo o récord de pezas presentadas, que a pasada edición chegaron a 106. GRAZAS

O luns 17/10/11 publicaremos xa as BASES DA EDICIÓN 2012. Haberá 4 interesantes PREMIOS (3 deles outorgados polo do xurado do concurso e un elixido por votación popular) Ao igual que nas últimas edicións, ademais da cadansúa dotación económica, irán acompañados de diferentes agasallos como unha fin de semana e un xantar en aloxamentos de turismo rural, lotes de produtos, queixos tamaño XL...
  
Agardamos as vosas propostas ata o 31 de decembro. Estades tod@s convidad@s a participar e amosarnos e amosar ao mundo a vosa creatividade!

SAÚDOS! ;)