1 oct. 2012

150 DÍAS PARA A FESTA! COMEZA O CONCURSO DE CARTEIS 2013!


Arranca o concurso de carteis!! Abaixo podedes ver as BASES da EDICIÓN 2013. Tedes lista a vosa creatividade?;)

BASES

1º- O orixinal poderá ser de libre formato acoutado a unha medida entre 30x40 e 70x100cm. Cada autor poderá participar co nº de traballos que desexe, sempre que estes sexan orixinais, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital. 

2º- A obra debe presentarse sen sinatura de autor, que limitará a súa identificación a un lema. Debe acompañarse dun sobre pechado cos seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico, así como unha breve explicación da obra e/ou calquera outro dato que se desexe engadir para definir o traballo. A organización solicita aos participantes acompañen cada obra presentada con cadansúa copia en formato dixital –CD/DVD- 

3º- O xurado valorará especialmente: a creatividade do arte final e impacto visual publicitario, así como a relación coa filosofía do evento a través da nosa cultura e idiosincrasia. Igualmente, terá en conta as potencialidades gráficas para a creación de futuras aplicacións (nas que a organización engadirá o programa do festival do queixo e outros ítems). Deberá figurar o texto “38ª FESTA DO QUEIXO. ARZÚA, 1, 2 e 3 DE MARZO DE 2013”. Igualmente, os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo da D.O.P. Arzúa-Ulloa. 

4º- PRAZO: os orixinais deberán ser enviados antes do 12 de decembro de 2012 á Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo, 33 1º andar 15180 Arzúa- (edif. sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal) 

5º- A elección do gañador e premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o luns 17 de decembro 2012 ás 14:00h mediante valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión ‘Festa do Queixo’, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o domingo 16 de decembro, entre as 12 e as 14h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o 17/12/12, para poder entrar tamén na votación final do xurado. 

6º- Todas as pezas serán expostas na Capela de Madanela do 14/12/12 ao 14/01/13 e durante as datas da festa. A elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 38ª edición. A entrega de premios incluirase no acto inaugural da Festa do Queixo (02/03/13). 

7º- Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa. Os orixinais non premiados poderán recollerse Oficina da Concellaría de Cultura ata 60 días despois da celebración do evento. 

8º- A Comisión resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere e aquela que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables. 

1000 en PREMIOS e lotes de agasallos! 

1º PREMIO: 600  
+ 1 FIN DE SEMANA en TURISMO RURAL para 2 persoas + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo CRDOP Arzúa-Ulloa 

2º PREMIO: 300 €
+ 1 XANTAR para 2 persoas + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo CRDOP Arzúa-Ulloa 

3º PREMIO: 100 €
+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo CRDOP Arzúa-Ulloa 

4º PREMIO: agasallo especial "Festa do Queixo"
+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo CRDOP Arzúa-Ulloa

ORGANIZA 

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas tardes:

Gustaríame saber se valería con que a proposta sexa enviada antes do día 12 ou se ten que estar xa alí ese día. En caso de que non, poderíase entregar na man?
moitas grazas.

Organización dijo...

Ola,
O material recibido por correo postal admítese se leva o matasellos anterior ao día 12. Tamén o podes entregar en man na oficina da Concellaría de Cultura, ata o día 12 incluído, en horario de 08.30 a 15h.
Moita sorte e grazas por participar!

Luk dijo...

Hola!
Entiendo que es válido que lleve el matasellos anterior al dia 12 o el dia 12 tambien es válido en la fecha de matasellos??
Gracias!

Saludos!

Organización dijo...

Ola Luk, como nas bases non se especifica este punto, desde esta edición permitiremos tamén que o matasellos leve a data do último día, así que entra a concurso se chega con data do 12/12/12. Date presa! :)

Luk dijo...

Muchas gracias!! Ya tengo mi propuesta hecha, pero me falta imprimir y embalar. Asi que mañana 12 lo envio sin falta por la mañana... Graciasss!

Organización dijo...

Grazas a ti por participar, sorte no concurso! :)