12 dic 2012

AVANCE Programación Festival do Queixo 2013


Hoxe remata o prazo do concurso de carteis, que mellor día para compartir xa un adianto da programación desta 38ª edición que se achega! ;) 

Estes son dous primeiros grupos confirmados do Festival do Queixo 2013, os cántabros Estereotypo e a nosa gaiteira e pianista galega máis internacional, Cristina Pato




ESTEREOTYPO  
Sábado 2 de marzo, Praza de Galiza 
Se acabó la fiesta ['Estereotypo', disco confirmación da banda cántabra] 

Estereotypo presentará en Arzúa o seu terceiro álbum, homónimo da banda. Tras dous discos frescos, explosivos, frenéticos, creados entre concerto e concerto tomaron alento. Rematou a festa, chegou a hora de reencontrarse. O terceiro álbum demostra o paso firme e irreversible cara a un son máis pop, máis elegante e menos impulsivo. As letras cobran maior importancia que nos seus anteriores traballos, marcando o inicio dunha nova etapa.

A evolución tamén se deixou ver nas letras, que cobraron maior importancia e reflicten o momento persoal, o momento social que estamos a vivir e mesmo as relacións sentimentais algo inédito nos santanderinos. Estereotypo son: David Van Bylen (Voz, Baixo e teclado), Fran Fernández (Guitarras e sintetizadores) e Sergio Madrazo (Batería)

www.estereotypo.com
www.facebook.com/estereotypo 
www.twitter.com/estereotypo

CRISTINA PATO   
Domingo 3 de marzo, Praza de Galiza

Cristina, que estará no Festival do Queixo por vez primeira, foi a primeira muller gaiteira en publicar un disco en solitario. 

Abriu camiños históricos dentro do mundo da Gaita Galega. Non parou de evolucionar colaborando con artistas da world music, o jazz, a música clásica ou a experimental. O seu poderoso estilo único e inconfundible está cheo de paixón e enerxía. Fusiona Latin jazz con pop e música contemporánea e usa toda a súa arte e virtuosismo para sacar adiante unha linguaxe persoal que é froito da síntese do seu amor pola música galega e a súa formación clásica.

A súa carreira profesional inclúe catro discos como gaiteira solista e dous como pianista, máis dunha trintena de colaboracións en gravacións de outros artistas entre as que se encontra. Activa e comprometida coa música contemporánea e de raíz, Cristina continua a abrir novas vías para a gaita galega. Reside en Nova York desde 2004. 

En xaneiro de 2013 virá o seu novo traballo, lanzado para o mercado americano, Migrations. Nace como unha forma de entender a música como un ser vivo que medra, cambia e evoluciona mediante a colaboración con outros músicos e a influenza doutras culturas.

www.twitter.com/CristinaPato 

Nas próximas semanas iremos sabendo as novas confirmacións do festival e novidades do programa de actividades! ;)

No hay comentarios: