26 feb 2010

SPOT TV 2010

queredes ver o spot desta 35ª edición?
metimos todos os queixos, todo o lecer, toda a música e toda cultura que nos cabían en 20 segundos...



co apoio de Pórtico de Comunicaciones S.L.

25 feb 2010

hoxe, presentación oficial da 35 edición


Hoxe ás 13.00 h no Telecentro de Arzúa presentouse a programación 2010 ao completo, e tamén o sitio web oficial do evento www.festadoqueixo.org e a recén creada identidade visual coa marca "festa do queixo".


na imaxe, de esquerda a dereita

Xosé Ramón Bernárdez, repr. do concurso de maquetas “Queixo Maquetón”

Xaquín García, alcalde do Concello de Arzúa
Xosé Luís García, concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e presidente da Asoc. para a Promoción da Festa do Queixo
Xosé Luís Carrera, presidente do C.R.D.O.P Arzúa-Ulloa

Fotos calidade prensa en www.festadoqueixo.org

20 feb 2010

CARTAZ DO FESTIVAL DO QUEIXO 2010



E OS TRES GRUPOS FINALISTAS DO QUEIXO MAQUETÓN 2010: os Vigueses Belöp, os asturianos Willy Naves e os Barceloneses (Vilanova i la Geltrú) Bongo Experience

nota de prensa completa e +info dos grupos en www.festadoqueixo.org/prensa

7 feb 2010

PROGRAMA FESTIVAL DO QUEIXO 2010

Para celebrar o 35 Aniversario, a Festa do Queixo presenta o Festival do Queixo 2010 con marcada presenza galega, estatal e internacional.


FESTIVAL DO QUEIXO

5-6 /MAR/ 2010
PROGRAMA+HORARIOS



SÁBADO 6

Final QueixoMaquetón

18.00 h, praza da vila

www.queixomaqueton.blogspot.com


Second (Murcia)

21.30h, campo da feira

www.second.es


«rinôçérôse» (Francia)

23.30h campo da feira

www.rinocerose.com


Gañador QueixoMaquetón

01.30 h, praza da vila



DOMINGO 7


Anxo Lorenzo (Galiza)

19.30h campo da feira

www.myspace.com/anxolorenzo


Mutenrohi (Galiza)

21.00h campo da feira

www.mutenrohi.com



info e fotos dos grupos en
www.festadoqueixo.org