07/02/2012

1º VIDEOCLIP de Kase.O Jazz Magnetism!

Este é 'Boogaloo', 1º videoclip do disco en solitario de Kase.O Jazz Magnetism! Concerto en exclusiva en só 8 CIDADES españolas. ARZÚA ÚNICA CITA en Galicia!

  
Non estará mal gozar de  todo isto ao vivo! O sábado 3 de marzo ás 21.30h no escenario campo da Feira do Festival do Queixo! ;)

03/02/2012

FESTIVAL DO QUEIXO 2012: GRUPOS CONFIRMADOS!!!

Que mellor data que hoxe, coa finde á volta da esquina e xusto a falta de 1 mes para a festa para compartir convosco o adianto da programación do Festival do Queixo 2012! 

Pronto máis!! e consulta a info que cada vez queda menos!! Atentos ás novidades dos próximos días!! Faltan aínda actividades, obradoiros e concertos por confirmar! ;)

Sábado 3 de marzo
TALLER DE CREACIÓN MUSICAL

Con Helios Vega -Kárabu- e David Van Bylen -Estereotypo-  
Recinto feiral, 1º andar -18.30 h- (>12 anos)
Tel. 981500222. Inscrición de balde ata o 1 de marzo!

KASE.O JAZZ MAGNETISM

Campo da feira -21.30h-
Presentan o seu último proxecto, onde o zaragozano Javier Ibarra (Kase.O) fusiona xunto co cuarteto de músicos Jazz Magnetism as raíces máis fondas do jazz e o hip-hop


SAMMY JO (DJ Scissors Sisters) 
Praza de Galiza -02.00h-
A gozar da noite co DJ residente do club Razzmatazz (Barcelona) e DJ oficial de Scissor Sisters!


Domingo 4 de marzo
TREIXADURA 

Praza de Galiza -19.30h-
Presentará o seu novo traballo de 20º aniversario, “Esa si que é muiñada” -2011-

31/01/2012

ANDA! UN TALLER DE CREACIÓN MUSICAL!!! ;))

No queixo 2012 poderedes aprender a crear unha canción 'desde cero'!!!  

Montaremos un TALLER DE CREACIÓN MUSICAL con Helios Vega -Kárabu- e David Van Bylen -Stereotypo-, que nos aprenderán como compoñer un tema. 
Sábado 3 de marzo, 18.30h Recinto feiral, 1º andar (>12 anos)
Anotamentos DE BALDE no 981500222 (ata o 1 de marzo, de 12-14h, Marcos Pampín). 

Non te durmas;) PRAZAS LIMITADAS!!!
Bota un ollo ao que nos contan sobre o taller Helios e David neste vídeo

video

23/01/2012

ADIANTO PROGRAMACIÓN FESTIVAL DO QUEIXO 2012

Xa se vai pechando a programación musical do Festival do Queixo 2012, e ían sendo horas de dicirvos algo! ;) 

Unha das propostas das que estamos encantados, será gozar novamente de Treixadura na Festa do Queixo. Con este seu novo traballo de 20º aniversario, “Esa si que é muiñada” -2011- revive a música e os cantos populares que se agochan, como ben din, na súa mochila e no substrato do pobo e todas e todos gardamos con tanto celo e cariño. Poderemos escoitalos ao vivo o domingo 4 marzo ás 19.30h.

Tedes toda a info de sobre Treixadura no seu web

20/01/2012

85 GRUPOS INSCRITOS NO 4º CONCURSO 'QUEIXO MAQUETÓN'

Xa son 85 os grupos inscritos na 4ª edición do concurso de maquetas Queixo Maquetón. Todos aspiran a amosar o seu talento o sábado 3 de marzo en Festa do Queixo! E falta case 1 mes para rematar o prazo de inscrición, ata o 15/02/12!
Que labor máis difícil a que lle agarda ao xurado desta edición! ;) O ano pasado xa foron 54 as maquetas recibidas, e foi unha labor gustosa, mais nada doada debido á gran calidade das propostas que se recibiron.
Logo de 4 edicións consecutivas crecendo, cousa da que ten moita 'culpa' José Ramón Bernárdez (Locutor de Radio Arzúa), só nos queda dicirvos novamente,
MOITAS GRAZAS!!! 
Podes escoitar a todos os grupos no espazo do concurso en Myspace

13/01/2012

AS 6 PEZAS PUNTUADAS POLO XURADO ESTE ANO TAMÉN TEÑEN OU SEU PREMIO!!!


BOAS NOTICIAS! como NOVIDADE en 2012 todos os participantes que recibiran cando menos 1 punto do xurado teñen como agasallo un QUEIXO TALLA XL!!! 

As pezas que levarán estes queixos XL na 37ª edición son: nº 9,  nº 28, nº 35, nº 82,  nº 93 e nº 94 

Os autores e autoras deben achegarnos un correo a info@festadoqueixo co asunto 'CARTELQUEIXO' para a comprobación dos seus datos e información para a recollida do 'superqueixo' cedido polo C.R.D.O.P Arzúa-Ulloa

O xurado designado pola Asoc. para a Promoción da Festa do Queixo estivo formado por:
  • José Luís García, alcalde de Arzúa e presidente de honra da Asoc. para a Promoción da Festa do Queixo
  • Natalia Pereira, concelleira de Cultura e presidenta da Asoc. para a Promoción da Festa do Queixo
  • Rosario Vázquez, concelleira PP de Arzúa e vogal da Asoc. para a Promoción da Festa do Queixo
  • Xabier Pintor, concelleiro PSOE de Arzúa e vogal da Asoc. para a Promoción da Festa do Queixo * (desculpou a súa asistencia por incompatibilidade de axenda)
  • Xosé Luís Carrera, presidente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa
  • Magdalena Carreira, mestra do C.E.I.P. de Arzúa
  • Juan Carlos Vázquez, mestre de música e pintor
  • Ramón Roldán, consultor de rr.pp. e resp. comunicación Festa do Queixo
Exerceu de Secretario e recolleu o acta de resultados da edición 2012, Marcos Pampín, secretario da Asociación para a Promoción da Festa do Queixo.

PARABÉNS A ESTAS 6 PEZAS TAMÉN VALORADAS POLOS XURADOS!!!

peza nº 9

peza nº 28

peza nº 35

peza nº 82

peza nº 93

peza nº 94

MOITAS GRAZAS A TOD@S POR AMOSARNOS A VOSA GRAN CREATIVIDADE!! E ÁNIMOS PARA 2013!!

O xurado valorando as 135 pezas a concurso

O xurado nas votacións finais

12/01/2012

‘IRIBO’ -PEZA Nº 73- GAÑADORA DO CONCURSO DE CARTEIS

Hoxe ás 14h tivo lugar na Capela da Madalena de Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS da 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012.

1º PREMIO: peza nº 73 titulada 'Iribo' de Ana García Pardo, deseñadora gráfica e empresaria autónoma (39 anos, Arzúa). Esta obra acadou un total de 18 puntos (sobre os 21 posibles) e será o cartel anunciador e promocional da 37ª edición.

1º PREMIO: PEZA Nº 73
Cartel 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012

O xurado valorou a sinxeleza e a elegancia estilizada da creatividade final, así como a orixinalidade do formato deste cartel. A autora utiliza unha imaxe en silueta da figura da queixeira e sitúa ao queixo como elemento central chamando poderosamente a atención sobre o conxunto. Unha moi orixinal composición de gran impacto visual coa que se consegue un deseño compensado, equilibrado e moi atractivo no xogo das formas, trazos e cores. 

 2º PREMIO: PEZA Nº 102
Autora: Laura Velasco (Lugo)
  
3º PREMIO: PEZA Nº 110
Autora: Mª Luisa Mosteiro (A Mella - Arzúa)

A dotación dos premios é de 600, 300 e 100 euros para o 1º, 2º e 3º premio, respectivamente, unido a agasallos de fins semana e xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos talla XL e lotes de produtos da festa (prato de cerámica de Sargadelos, camisetas, memorias USB, etc). O 4º premio, un lote agasallo especial da organización, recaeu na peza nº 91, elixida anteriormente por votación popular entre case 100 persoas.


E de 135 propostas... foron 4 mozas as gañadoras! O premio por votación popular e os 3 premios do xurado!. Impresionante esta edición a gran creatividade feminina galega! :) 

PARABÉNS!!!