14 dic 2012

CONCURSO DE CARTEIS. MÁIS DE 120 IDEAS!!


Máis de 120 pezas recibidas no concurso de carteis para ser a imaxe da 38ª Festa do Queixo


Comezo da montaxe dun dos paneis da exposición, Capela da Madanela

Desde a Organización queremos agradecer a gran participación rexistrada no Concurso de Carteis. Un ano máis o xurado vaino ter ben difícil en Arzúa. Recibíronse ata hoxe 125 propostas, número que supón a segunda marca histórica de participación do evento. 

As distintas pezas están realizadas en diferentes técnicas (dixitais, óleos, collages...) chegadas das catro provincias galegas e do resto do Estado. 

A votación popular para elixir o 4º premio será o domingo 16 de decembro, entre as 12 e as 14h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o 17/12/12, para poder entrar tamén na votación final do xurado.

A elección do gañador e premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o luns 17 de decembro 2012 ás 14:00h mediante valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión ‘Festa do Queixo’. 

Todas as pezas serán expostas na Capela de Madanela do 14/12/12 ao 14/01/13 (aberta de 19h a 21h), e durante as datas da festa. A elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 38ª edición. A entrega de premios incluirase no acto inaugural da Festa do Queixo (02/03/13). 

PREMIOS: o certame outorga 1.000 euros en premios, cunha unha dotación económica de 600, 300 e 100 euros para o 1º, 2º e 3º premio, respectivamente e o da votación popular, que recibe un agasallo especial. Ademais, compleméntase con agasallos como fins semana e xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos Arzúa-Ulloa, lotes de produtos da festa (prato de cerámica de Sargadelos, camisetas, memorias USB, etc) 

Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa. Os orixinais non premiados poderán recollerse Oficina da Concellaría de Cultura ata 60 días despois da celebración do evento.

No hay comentarios: