19 oct 2010

COMEZAMOS A EDICIÓN 2011

e xa van 36. Arrancamos a 36 ª Festa do Queixo coa convocatoria de concurso de carteis 2011. En 2010 bateuse o rexistro de presentados, destacando a cantidade e tamén a calidade, e gustaríanos seguir superándonos coa vosa participación.

Comezamos antes que nunca
para facilitarvos o camiño. Esta edición incrementamos o importe dos premios e engadimos tamén novidades como fins de semana e xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos de Tamaño XL, agasallos de produtos...

Boa sorte un todos, abaixo podedes ver as

BASES CONCURSO DE CARTEIS





- O orixinal poderá ser de libre formato e deberá axustarse a unha medida entre 30x30 e 70x100cm. Cada autor poderá participar co nº de traballos que desexe, sempre que estes sexan orixinais, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital.
- A obra debe presentarse sen sinatura de autor, que limitará a súa identificación a un lema, e acompañala dun sobre pechado cos seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico de contacto, e/ou calquera outro dato sobre o propio traballo.
- O xurado valorará especialmente a creatividade do arte final, a relación co evento a través da nosa cultura e idiosincrasia e o impacto visual publicitario. Deberá figurar o texto “ARZÚA 36ª FESTA DO QUEIXO, 11,12 e 13 DE MARZO DE 2011”. Igualmente, os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía propia do queixo da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa.
- Os orixinais deberán ser enviados antes do 31 de decembro de 2010 ao Concello de Arzúa, Dpto. de Cultura (Rúa Santiago 2, 15810 Arzúa -A Coruña-). A organización solicita aos participantes acompañen cada obra presentada con cadansúa copia en formato dixital -CD- (non indispensable).
- A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela, o venres 14 xaneiro de 2011 ás 14:00h mediante valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión “Festa do Queixo”, cun único voto por persoa, agás para o 4º premio, que será elixido anteriormente por votación popular o domingo 10 de xaneiro, entre as 12 e as 14h.
- A peza elixida polo xurado como 1º premio será o cartel anunciador da 36ª edición. Todos os carteis serán expostos ao público do 3 ao 31 de xaneiro na Capela de Madanela. A entrega de premios incluirase no acto inaugural da 36ª Festa do Queixo.
- Os orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa. Os orixinais non premiados poderán recollerse nas instalacións municipais ata 60 días despois da celebración do evento.
- A Comisión resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere ou aquela que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables.
PREMIOS
o certame outorgará catro premios, repartidos en:
1º PREMIO: 900
+ 1 fin semana turismo rural 2 pax.+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL CRDOP Arzúa-Ulloa
2º PREMIO: 300
+ 1 xantar turismo rural 2 pax.+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL CRDOP Arzúa-Ulloa
3º PREMIO: 100
+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL CRDOP Arzúa-Ulloa
4º PREMIO: agasallo especial "Festa do Queixo"
+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL CRDOP Arzúa-Ulloa
ORGANIZA

No hay comentarios: