7 ene 2011

RÉCORD DE CARTEIS PARA ANUNCIAR A 36ª FESTA DO QUEIXO


AGRADECÉMOSVOS extensa participación rexistrada, con 106 propostas recibidas!.  

Este número establece por segundo ano consecutivo o récord histórico da festa, ao superar con amplitude a edición 2010, na que se recibiran 43 pezas, e supón triplicar a media das edicións anteriores. As diferentes pezas chegan desde diferentes orixes, desede as catro provincias galegas, o País Vasco, Badaxoz, Córdoba, Málaga, etc., realizadas en diferentes técnicas (dixitais, óleos, collages) por persoas de todas as idades. 

Aledámonos da motivación xerada estimulada coas novidades nos premios de 2011 e co aumento da dotación económica, posible as grazas á colaboración entre o concello e o tecido empresarial relacionado co evento, con especial co arzuán. É por iso que, xunto co 1º premio de 900 euros ofrécese unha fin de semana de turismo rural, un xantar, queixos da “talla XL”, lotes de produtos, etc. 

Todas as pezas están expostas na Capela da Madanela de Arzúa, onde se celebrará o luns 10 a elección por votación popular e o venres 14 ás 14.00 h a votación do xurado que elixirá ao gañador. 

Desde a Organización desexamos reiterar o noso agradecemento a todos os participantes, así como a todas as empresas e persoas relacionadas co evento.

+info no web da festa

1 comentario:

Habladora dijo...

A ver se estou a entender ben as bases...
O cuarto premio (non elexido por ningún xurado) elixirase o luns 10 non podendo optar así o resto de tres premios que sí se elixirán por un xurado o venres 14. É así non?
Logo hai una peza que nunca poderá optar a ser o cartel simple e llanamente porque a elección popular realízase antes do veredicto do xurado....non debería ser ó resvés?