14 ene 2011

“TRADICIÓN E MODERNIDADE”, SERÁ A IMAXE DA 36ª FESTA DO QUEIXO


Hoxe tivo lugar en Arzúa  a elección dos gañadores do CONCURSO DE CARTEIS da 36 Festa do Queixo.  O 1º premio foi para a peza  titulada “Tradición e modernidade” obra de Xabier Quinteiro, deseñador gráfico arzúan residente en Madrid. 

Peza nº 59: "Tradición e modernidade"
O xurado valorou a creatividade, sinxeleza e orixinalidade deste cartel que, tal como indica claramente o seu título, combina tradición e modernidade nunha composición de gran impacto visual coa que se consegue un deseño ben compensado, equilibrando as cores, formas e texturas para dar lugar a unha composición frugal. O autor utiliza unha imaxe de perfecta simetría, na que, sen perder de vista o pasado e coa ollada posta no futuro,  sitúa ao queixo reclamando a atención como elemento central que permanece ao longo do tempo.

Todas as pezas están expostas na Capela da Madanela de Arzúa, onde os visitantes poden apreciar a creatividade dos participantes desta edición do concurso. Desde a Organización desexamos reiterar o seu agradecemento a todos os participantes, así como a todas as empresas e persoas relacionadas co evento. Este ano batéronse todas as expectativas coa extensa participación rexistrada de 106 propostas, o que establece por segundo ano consecutivo o récord histórico do evento e supuxo triplicar a media de todas as edicións anteriores. GRAZAS A TOD@S.
 
RESULTADOS FINAIS E GAÑADORES

1º premio: 900 EUROS + fin semana turismo rural 2 pax.+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa.
PEZA Nº: 59. Título Obra: “Tradición e modernidade”
Autor: Xabier Quinteiro Vázquez
Idade/Profesión: 34 anos/ Deseñador gráfico
Procedencia: Castañeda-Arzúa. Residente en Madrid


2º premio: 300 EUROS + xantar turismo rural 2 pax.+ lote produtos “Festa do Queixo” +queixo XL C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa.
PEZA Nº: 106
Título Obra: “Vendendo queixo na feira baixo o paraugas”
Autor: Hipólito Xeada Pena
Idade/Profesión: 55 anos/Pintor e escultor
Procedencia: Alfoz-Lugo


3º premio: 100 EUROS + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa.
PEZA Nº: 6. Título Obra: “Sagutxo”
Autor: Ruth Marañón Martínez de la Puente
Idade/Profesión: 22 anos/Estudante
Procedencia: Onion-Álava


4º premio: AGASALLO ESPECIAL”FESTA DO QUEIXO” + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo XL C.R.D.O..P Arzúa-Ulloa
Elixido en votación popular o pasado 10 de xaneiro.
Título Obra: “Medusa”
Autor: Patricia Trepat Silva
Idade/Profesión: 50 anos/Docente
Procedencia: Palma de Mallorca


Parte do xurado visitando a exposición, realizando anotamentos das diferentes pezas e na deliberación.




4 comentarios:

Sexto dijo...

Pois a min non e que me convenza moito, gran impacto visual din os do xurado, non sei eu si pegado polas paredes adiante se verá moito.

Bastante mellores me parecen o 2º e o da votación popular que según teño entendido (correxideme se non e así) non pode optar o resto de premios coa conseguinte imposibilidade de ser o cartel da festa, cousa inxusta e ilóxica mires por donde a mires.

O que non entendo e o do 3º, sería máis apropiado para anunciar a Gran Festa do Ratibrón.

En fin que para gustos, colores.

Saude e festa.

Anónimo dijo...

Me parece un cartel burdo técnica y artísticamente, además de poco efectista a nivel publicitario, pues lo único que transmite es indiferencia a todos los niveles, con todos mis respetos al artista.Gusto dudoso en la elección de tipografía y combinación de color.

Pero más allá de esto considero demasiado casual el fallo del jurado por tercer año consecutivo a un participante de Arzúa, y el poco respeto que supone para el resto de participantes que han empleado tiempo,dinero (gastos de envio/impresión, etc)e ilusión en este concurso.

Para el tercer premio...no tengo palabras solo onomatopeyas....ay ay ay buffff.

Un consejo no saquen a concurso más el cartel de la fiesta evitarán muchas criticas y evitarán la perdida de tiempo de mucha gente.

Sexto dijo...

Home Rubén non o sei pero suponse que o xurado non debería saber quen e o autor de cada obra antes de elexir os gañadores pois de non ser asi....

APAGA E VÁMONOS!!!!!

Unknown dijo...

Eu penso que a elección dos carteis deste ano foi desastrosa.

O primeiro premio non creo que teña a forza suficiente que debe transmitir un cartel, non chama a atención, non é algo impactante visualmente, ten unha tipografía horrorosa e en canto a orixinalidade pois non lla vexo por ningures.

O segundo premio, sería un bo cartel para os anos 80, cando non había medios e se levaba ese estilo. Vale que debe ser unha técnica moi currada e de moito traballo. Vale que para unha exposición de cadros estaría moi ben, pero non para un cartel anunciador dunha festa.

O terceiro premio paréceme vergonzoso. Vincular unha festa gastronómica con un rato! en fin... que imaxe queredes dar? Como ben dicía Sexto, sería máis apropiado para a festa do Ratibrón.

En canto ao cuarto premio xa non digo nada, é por votación popular e son moitas as persoas con gustos variados e coñecementos diferentes as que poden votar. Pero non entendo que un xurado, que se supón que debe ter coñecementos de deseño e publicidade, escolla como gañadores estes carteis. Cóstame crer que das 106 propostas que se presentaron, non existan outros tres carteis con maior impacto visual e orde tipográfico que merezan levar estes tres importantes premios.

Considero que a organización fixo un gran traballo estes últimos anos revitalizando a festa, incluso coa elección dos carteis nas pasadas edicións, pero descoñezo que pasou este ano para escoller estos traballos como gañadores.