12 ene. 2012

‘IRIBO’ -PEZA Nº 73- GAÑADORA DO CONCURSO DE CARTEIS

Hoxe ás 14h tivo lugar na Capela da Madalena de Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS da 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012.

1º PREMIO: peza nº 73 titulada 'Iribo' de Ana García Pardo, deseñadora gráfica e empresaria autónoma (39 anos, Arzúa). Esta obra acadou un total de 18 puntos (sobre os 21 posibles) e será o cartel anunciador e promocional da 37ª edición.

1º PREMIO: PEZA Nº 73
Cartel 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012

O xurado valorou a sinxeleza e a elegancia estilizada da creatividade final, así como a orixinalidade do formato deste cartel. A autora utiliza unha imaxe en silueta da figura da queixeira e sitúa ao queixo como elemento central chamando poderosamente a atención sobre o conxunto. Unha moi orixinal composición de gran impacto visual coa que se consegue un deseño compensado, equilibrado e moi atractivo no xogo das formas, trazos e cores. 

 2º PREMIO: PEZA Nº 102
Autora: Laura Velasco (Lugo)
  
3º PREMIO: PEZA Nº 110
Autora: Mª Luisa Mosteiro (A Mella - Arzúa)

A dotación dos premios é de 600, 300 e 100 euros para o 1º, 2º e 3º premio, respectivamente, unido a agasallos de fins semana e xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos talla XL e lotes de produtos da festa (prato de cerámica de Sargadelos, camisetas, memorias USB, etc). O 4º premio, un lote agasallo especial da organización, recaeu na peza nº 91, elixida anteriormente por votación popular entre case 100 persoas.


E de 135 propostas... foron 4 mozas as gañadoras! O premio por votación popular e os 3 premios do xurado!. Impresionante esta edición a gran creatividade feminina galega! :) 

PARABÉNS!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Vendo o primeiro premio e o segundo, pódese decir que non valoraron a orixinalidade, outra vez a vella co pano na cabeza, sinxelo, elegante, iso si.

Anónimo dijo...

Vendo o primeiro e o segundo, opino que non foi valorada a orixinalidade (está moi vista a idea da vella co pano na cabeza) Polo menos o primeiro é sinxelo, elegante e ten un formato orixinal, iso si. Ó terceiro fáltalle contraste.