16 feb 2012

XA TEMOS GAÑADOR DO QUEIXO MAQUETÓN!


Os madrileños 'Berlina' gañan 4ª edición do concurso Queixo Maquetón
Actuarán no Festival do Queixo 2012. Case 200 grupos presentados, marca histórica de participación!

O concurso de novas bandas bate este ano todas as marcas de participación, ao inscribirse 196 bandas chegadas de todas as comunidades autónomas españolas (só fóra de Ceuta e Melilla). Esta cifra case cuadriplica as recibidas na edición 2011, que xa fora ata entón a de maior participación (54 grupos). O gañador leva de premio 1000 euros, máis 400 euros en concepto de desprazamento e estancia en Arzúa, ademais de formar parte do cartel da 37ª Festa do Queixo!!!. Gozaremos do seu directo na madrugada do sábado 3 de marzo á (01:00 am. escenario praza de Galiza).
Berlina -Madrid-
Berlina (Madrid), é unha banda de indie rock shoegaze formada en 2008 e que ten na actualidade dous Lp´s autoproducidos ‘Anverso’ (2009) e ‘Parcialmente Despejado’ (2012). Entre os seus logros está ser seleccionados para o prestixioso festival Lemon Pop en 2008, semifinalistas do Demonova 2009 ou un segundo posto no Festival de Música Joven ‘Ciudad de Ávila’. Texturas ambientais e psicodelia, como base do seu son, Berlina aposta agora polo castelán en letras cun trasfondo máis elaborado. Sen esquecer o pop delicado que caracterizou á banda, aparecen agora cun son máis sucio nas guitarras e liñas máis potentes de batería que lles fai soar máis potentes nos seus directos!

Podedes escoitalos (e velos) en:
http://berlina.bandcamp.com/album/parcialmente-despejado
http://www.myspace.com/berlinarock


O xurado estivo formado por estes recoñecidos profesionais relacionados co mundo da música: Josiño Carballo (Ernie Producciones), Alberto Alfonso (Art Music Agency), Salvador García (Radio Vigo), Arturo Vaquero (resp.  Estudos Abrigueiro), Roberto Nicieza (Pop Up Música) e o propio responsable do concurso, Jose Ramón Bernárdez (Radio Arzúa). Xuntos determinaron que os madrileños fosen os gañadores desta 4ª edición. Unha difícil elección, este ano máis que nunca polo gran número de bandas!

No hay comentarios: