15 nov 2012

ARRANCA O CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN

Hoxe abre o prazo a 5ª edición do Concurso de maquetas QUEIXO MAQUETÓN. O prazo remata ata o 15 de febreiro de 2013 ás 15h.


O Queixo Maquetón leva 4 anos batendo marcas. Despois do éxito do pasado ano, no que se recibiron case 200 propostas chegadas desde practicamente todas as comunidades españolas, esta nova edición busca por outra banda a consolidación do concurso dentro do panorama estatal e un novo gañador que relevará no palmarés aos madrileños Berlina.

BASES: podedes ver as BASES PARA PARTICIPAR no Myspace do concurso, así como tamén escoitar a todos os grupos.  No Youtube da festa o vídeo-resumo do o concerto de Berlina

PREMIOS: o gañador terá o privilexio de actuar en Arzúa formando parte do Festival do Queixo. Gozaremos do seu directo o sábado 2 de marzo (arredor da 01:00 na Praza de Galiza). Ademais, levarase como premio en efectivo 1.400 euros (1.000 euros en concepto do concerto que ofrecerán en Arzúa e 400 e euros para gastos de desprazamento e estancia.
Poderán formar parte todos aqueles grupos noveis ou solistas españois que non teñan ningún álbum publicado, coa excepción dos autoeditados ou que non teñan firmado ningún contrato discográfico. Ademais, só se admitirán traballos encadrados estilisticamente no pop-rock e as novas tendencias, como vén sendo habitual desde o comezo do concurso.

No hay comentarios: