Mostrando entradas con la etiqueta 37 festa do queixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 37 festa do queixo. Mostrar todas las entradas

6 mar 2012

VÍDEOS DO FESTIVAL DO QUEIXO 2012!

Isto foi o que nos contou á cámara da festa Kase.O  sobre a súa experiencia connosco. Excusa dicir o agradecidos que lle/s estamos!


Tamén We Are Standard, nos contou a súa boa experiencia en Arzúa, o desexo de volver ao festival!

MOITAS GRAZAS AMIGOS!!!

MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Treixadura-

Treixadura puxo no seu 20º aniversario un broche de ouro á 37ª edición facendonos cantar, bailar e emocionarnos

MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -O Fiadeiro-

O Fiadeiro representou varias escenas do espectáculo 'Esta noite hai unha fía' poñendo en valor as raíces máis fondas dos nosos cantos populares



MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Sammy Jo-

O DJ de Scissor Sisters non parou de facer bises e fíxonos mover ata ben pasadas as catro da mañá!


MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Berlina-

Os gañadores do Queixo Maquetón máis concurrido!


MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -We Are Standard-

We Are Standard fixo mover ao ritmo do seu indie-rock tan bailable a todo o campo da feira!







MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Kase.O Jazz Magnetism-

Aquí vos deixamos máis imaxes do Festival! 
Kase.O Jazz Magnetism, o único concerto en Galicia, no Festival do Queixo de Arzúa!


  

5 mar 2012

MOITAS MOITAS GRAZAS!!!

Amig@S, este ano DARVOS AS GRAZAS É POUCO. 
Foi unha edición cargada de traballo e ilusión que vós fixestes máxica. Queremos transmitirvos o agradecemento e cariño mostrado dos artistas do festival, gratamente sorprendidos coa vosa participación da festa. Da súa parte, das queixerías que viñeron por 1ª vez, das que xa viñeron máis veces, dos profes dos obradoiros, e por suposto das persoas que formamos parte da organización e do Concello de Arzúa, MOITAS MOITAS GRAZAS. Ao longo de hoxe e durante os próximos días iremos subindo fotos e vídeos desta inesquecible 37ª edición. 
Deixámovos alguhas do concerto de Kase O. Jazz Magnetism, fumos arredor de 7.000 almas gozando xuntas!
Kase O Jazz Magnetism abarrotou o campo da feira de Arzúa

Nin eles nin nós nos queríamos despedir desta festa!
Gozamos da música, das letras e do ritmo Jazz Magnetism!

3 mar 2012

INAUGURADA A FESTA!

Vaia inauguración e pregón espectacular que tivemos hoxe! Mirade o espírito e a enerxía de Teté Delgado no pregón e a continuación con Martín, o guitarra de Teté y los Ciclones.
Deixámosvos unhas fotos de todo. A festa segue con Kase O Jazz Magnetism. As probas de son non puideron sair mellor e todo está listo en Arzúa, incluso o ceo azul e a boa temperatura!
Entregas de premios do concurso de carteis e o de tapas e petiscos
Jose Luís García, o alcalde de Arzúa, abrindo a 37ª edición

Teté Delgado, deunos un pregón para lembrar 'queeeseraa, seraaa..'
Teté e Martín, no seu concerto en acústico
'Los Ciclones' levaron moitos aplausos e algúns agasallos como estos queixos :)

2 mar 2012

HOXE COMEZA A FESTA!!! :)

A xornada de hoxe venres 2 de marzo arrinca co 6º Concurso de tapas e petiscos 'Festa do Queixo', en 17 establecementos!
O xurado, votando na edición de 2011

Listaxe de locais participantes 2012

·         Restaurante O Gloman……………….. Prolong. de Ramón Franco, s/n
·         Café Bar Manolo………………………. Avda. de Lugo, 48
·         Hostal Restaurante O Retiro………… Teiraboa
·         Café Bar Karper……………………….. Padre Pardo, 21
·         Casa de comidas Chelo……………… Fraga do Rei, 14
·         Cafetería Praza…………………….….. Avda. de Lugo, 2
·         Cafetería Venus……………………….. Avda. de Lugo, 17
·         Cafetería Chacala……………………… Avda. de Lugo, 133
·         Café Bar Mandala………………….….. Cima do Lugar
·         Pizzería O Rueiro……………………... Cima do Lugar
·         Confitería Café  A Esquina…………… Praza de Galiza
·         Café Bar Arco da Vella…………….….. Rúa do Castro
·         Hotel Suíza………………………….….. Rúa do Río Vello, s/n
·         Mesón Catroventos……………………. Santa María - Arzúa
·         Pulpeira O Conxuro……………….…… Rúa das Dores s/n
·         Parrillada Os Casqueiros…………..….  Rúa do Castro, 10
·         Cafetería Ultreia…………………….…. Avda. de Lugo, 126

29 feb 2012

SABEDES QUE O DIRECTOR E PROTAGONISTA DE FILME 'VILAMOR' FARÁN UN SORTEO DE ENTRADAS NA FESTA?


No recinto feiral estarán connosco Ignacio Vilar, o seu director, e Rubén Riós o protagonista da peli, xunto con Sabela Arán. Ignacio e Rubén farán o domingo 4 un sorteo de entradas para a estrea en Santiago

'VILAMOR' é un filme rodado integramente en galego, con dirección, produción e equipo artístico e técnico galego. Estrearase en vilas e cidades de toda Galicia nas próximas semanas.

Data de estrea: o 30 de marzo en Lugo. A partir de aí irá percorrendo as salas de toda Galicia ata o 17 de maio, que será cando remate este periplo na cidade de Ourense. En cada localidade a película poderá verse durante dúas semanas, polo menos (dependerá da vosa asistencia). O equipo irá acompañándoa nas estreas das diferentes localidades, na Caravana Vilamor... Pero non adiantemos acontecementos. ;-)  Polo de agora, sabede que a película estará nas salas de cine de Lugo, Ribadeo, Monforte, O Barco e A Rúa de Valdeorras, Vigo, Pontevedra, Lalín, Vilagarcía, Santiago, A Coruña, Narón, Carballo, Cee e Ourense -por esta orde-. 

Non hai excusa para non vela! 
.


O cartel de 'Vilamor'

23 feb 2012

PRESENTACIÓN DA 37ª EDICIÓN

Presentada a PROGRAMACIÓN COMPLETA da 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012!  
O programa completiño está á vosa disposición no web da festa. Se desexades información máis polo miúdo, tamén podedes consultar -e se queredes descargar- o dossier 2012 na zona de prensa

Aquí tedes un vídeo -resumo da presentación alcalde de Arzúa-

 

O vídeo da entrevista para Correo TV


.


Aquí vedes tamén varias imaxes do acto
.
Presentación do cartel da 37ª edición da Festa do Queixo, Arzúa 2012
Na imaxe, de esquerda a dereita:
  • Jose Ramón Bernárdez, resp. Concurso ‘Queixo Maquetón
  • Natalia Pereira, concelleira de Cultura e presidenta Asociación para a Promoción da Festa do Queixo
  • Jose Luís García,  alcalde-presidente Concello de Arzúa
  • Xose Luís Carrera, presidente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa 
Jose Luís García (alcalde) explicou a filosofía, obxectivos e dimensión da festa

Natalia Pereira afondou no programa cultural e novidades desta edición


José Ramón Bernárdez falounos do éxito do Queixo Maquetón 2012

Xose Luis Carrerra falou da maior colaboración da D.O.P. Arzúa-Ulloa co evento

O Telecentro de Arzúa é un cómodo lugar de traballo para os medios

22 feb 2012

PRESENTACIÓN DA 37ª FESTA DO QUEIXO

Mañá xoves 23/02 terá lugar a CONFERENCIA DE PRENSA de presentación do PROGRAMA ÍNTEGRO da 37ª EDICIÓN!

Intervirán:
  • Jose Luís García,  alcalde-presidente Concello de Arzúa
  • Jose Ramón Bernárdez, resp. Concurso ‘Queixo Maquetón’
  • Xose Luís Carrera, presidente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa
  • Natalia Pereira, concelleira de Cultura e presidenta da Asociación para a Promoción da Festa do Queixo
O acto terá unha duración estimada de 40 minutos, e ao remate agasallarase aos medios cun queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa cedido polo Consello Regulador

Lugar: Telecentro do Concello de Arzúa, 12.30h
Avda. de Lugo s/n 15810 Arzúa

17 feb 2012

CATAS, OBRADOIROS E ACTIVIDADES 2012!

Bótalle un ollo á PROGRAMACIÓN de ACTIVIDADES da 37ª Festa do Queixo! Hainas para nen@s, moz@s e maiores!! :)

Moitas das actividades son de balde, e as outras a prezo moi reducido! Nalgunhas, como no obradoiro de 'Cociña Creativa' con André Arzúa, levarás o mandil e o gorro  de chef para que sigas practicando!;) Nunca tivemos unha festa cun programa cultural tan completo e variado como esta edición!! 

 programa cultural: actividades e obradoiros
Agardámovos en Arzúa e vémonos na festa!

16 feb 2012

PROGRAMA COMPLETO FESTIVAL DO QUEIXO 2012!


Sábado 3 de marzo

INAUGURACIÓN OFICIAL
PREGOIRA 2012: Teté Delgado
A nosa ben simpática actriz, cantante e presentadora dará no recinto feiral o Pregón 2012! E despois, o ritmo máis rocanroleiro co seu concerto en acústico acompañada de ‘Teté y los Ciclones

TETÉ Y LOS CICLONES (acústico)
Recinto Feiral -1º andar- | 13h
www.tetedelgado.com  | www.teteylosciclones.com   
‘Teté y los Ciclones’ fórmase grazas a que polifacética Teté Delgado decide dar renda solta a unha das súas grandes  paixóns: ser vocalista dunha banda de puro Rock’n’Roll. Só nos queda gozar co seu Rock’n’Roll e Rhythm’n’Blues dos 50, posto ao día e sen complexos! Chegou O ciclón!

TALLER de CREACIÓN MUSICAL
Recinto Feiral -1º andar | 18.30h
Con Helios Vega -Kárabu- e David Van Bylen -Estereotypo- 
Tel. 981500222. (>12 anos)  Como aprender a compoñer unha canción 'desde cero'. Inscrición de balde ata o 1 de marzo!


KASE.O JAZZ MAGNETISM  
Campo da Feira | 21.30 h 
Presentan o seu último proxecto, onde o zaragozano Javier Ibarra (Kase.O) fusiona xunto co cuarteto de músicos Jazz Magnetism as raíces máis fondas do jazz e o hip-hop. Xira en exclusiva en 8 cidades españolas e ÚNICA CITA en GALICIA!

WE ARE STANDARD  
Campo da Feira | 23.15 h   
www.wearestandard.net   www.myspace.com/wearestandard 
Indie-rock bailable garantía de conexión e festa! Un directo moi enerxético co que fan gozar en cada concerto. Premios UFI da música independiente, Evolución 09, FIVA, MTV European Music Awards... Hedonismo, diversión e comunión, todo nun. A súa proposta de, como din as críticas internacionais ‘frenesí bailable’, da como resultado una nova referencia que abre portas infinitas ao seu futuro.  

GAÑADOR QUEIXO MAQUETÓN: BERLINA -Madrid- 
Praza de Galiza | 01.00h
www.myspace.com/berlinarock
Una nova marca histórica participación nesta 4ª edición. 196 grupos noveis aspiran a amosar o seu talento en Arzúa! 

SAMMY JO (DJ Scissor Sisters)  
Praza de Galiza | 02.00h 
A gozar da noite co DJ residente do club Razzmatazz (Barcelona) e DJ oficial de Scissor Sisters!

Domingo 4 de marzo
O FIADEIRO  
Praza de Galiza | 18.00 h
www.ofiadeiro.com 
Espectáculo “Esta noite hai unha fia”. Músicos, pandereteiras, pandereteiros, bailadores escenifican en cada baile e cun vestiario diferente un oficio ou labor. 55 artistas e 13 escenas co subtítulo ‘de oficios e labores’, homenaxe ás persoas que fixeron nos chegar ese gran patrimonio inmaterial

TREIXADURA  
Praza de Galiza | 19.30 h
www.treixadura.com 
Co seu novo traballo de 20º aniversario, “Esa si que é muiñada” -2011- revive a música e os cantos populares que se agochan, como ben din, na súa mochila e no substrato do pobo e todas e todos gardamos con tanto celo e cariño.

Que gocedes da festa, do queixo, e da música!

cartel Festival do Queixo 2012

UN 'CICLÓN' DE PREGOEIRA PARA 2012!

Teté Delgado, a simpática e polifacética actriz, cantante e presentadora dará o Pregón 2012!

Terá lugar na inaguración Oficial da 37ª edición. E despois gozarmos co seu concerto en acústico acompañada de ‘Teté y los Ciclones’ onde Teté dá renda solta a unha das súas grandes  paixóns: ser vocalista dunha banda do máis puro Rock’n’Roll. 

Só nos queda gozar co seu Rock’n’Roll e Rhythm’n’Blues dos 50, posto ao día e sen complexos ¡Chegou O ciclón!

Teté y los Ciclones
Inaguración, pregón e concerto en acústico: recinto feiral 'Terra do Queixo', sábado 3 de marzo, 13h  

Web Teté Delgado 
Myspace 'Teté y los Ciclones'
Teté Delgado -Wikipedia-

XA TEMOS GAÑADOR DO QUEIXO MAQUETÓN!


Os madrileños 'Berlina' gañan 4ª edición do concurso Queixo Maquetón
Actuarán no Festival do Queixo 2012. Case 200 grupos presentados, marca histórica de participación!

O concurso de novas bandas bate este ano todas as marcas de participación, ao inscribirse 196 bandas chegadas de todas as comunidades autónomas españolas (só fóra de Ceuta e Melilla). Esta cifra case cuadriplica as recibidas na edición 2011, que xa fora ata entón a de maior participación (54 grupos). O gañador leva de premio 1000 euros, máis 400 euros en concepto de desprazamento e estancia en Arzúa, ademais de formar parte do cartel da 37ª Festa do Queixo!!!. Gozaremos do seu directo na madrugada do sábado 3 de marzo á (01:00 am. escenario praza de Galiza).
Berlina -Madrid-
Berlina (Madrid), é unha banda de indie rock shoegaze formada en 2008 e que ten na actualidade dous Lp´s autoproducidos ‘Anverso’ (2009) e ‘Parcialmente Despejado’ (2012). Entre os seus logros está ser seleccionados para o prestixioso festival Lemon Pop en 2008, semifinalistas do Demonova 2009 ou un segundo posto no Festival de Música Joven ‘Ciudad de Ávila’. Texturas ambientais e psicodelia, como base do seu son, Berlina aposta agora polo castelán en letras cun trasfondo máis elaborado. Sen esquecer o pop delicado que caracterizou á banda, aparecen agora cun son máis sucio nas guitarras e liñas máis potentes de batería que lles fai soar máis potentes nos seus directos!

Podedes escoitalos (e velos) en:
http://berlina.bandcamp.com/album/parcialmente-despejado
http://www.myspace.com/berlinarock


O xurado estivo formado por estes recoñecidos profesionais relacionados co mundo da música: Josiño Carballo (Ernie Producciones), Alberto Alfonso (Art Music Agency), Salvador García (Radio Vigo), Arturo Vaquero (resp.  Estudos Abrigueiro), Roberto Nicieza (Pop Up Música) e o propio responsable do concurso, Jose Ramón Bernárdez (Radio Arzúa). Xuntos determinaron que os madrileños fosen os gañadores desta 4ª edición. Unha difícil elección, este ano máis que nunca polo gran número de bandas!

7 feb 2012

1º VIDEOCLIP de Kase.O Jazz Magnetism!

Este é 'Boogaloo', 1º videoclip do disco en solitario de Kase.O Jazz Magnetism! Concerto en exclusiva en só 8 CIDADES españolas. ARZÚA ÚNICA CITA en Galicia!

  
Non estará mal gozar de  todo isto ao vivo! O sábado 3 de marzo ás 21.30h no escenario campo da Feira do Festival do Queixo! ;)

3 feb 2012

FESTIVAL DO QUEIXO 2012: GRUPOS CONFIRMADOS!!!

Que mellor data que hoxe, coa finde á volta da esquina e xusto a falta de 1 mes para a festa para compartir convosco o adianto da programación do Festival do Queixo 2012! 

Pronto máis!! e consulta a info que cada vez queda menos!! Atentos ás novidades dos próximos días!! Faltan aínda actividades, obradoiros e concertos por confirmar! ;)

Sábado 3 de marzo
TALLER DE CREACIÓN MUSICAL

Con Helios Vega -Kárabu- e David Van Bylen -Estereotypo-  
Recinto feiral, 1º andar -18.30 h- (>12 anos)
Tel. 981500222. Inscrición de balde ata o 1 de marzo!

KASE.O JAZZ MAGNETISM

Campo da feira -21.30h-
Presentan o seu último proxecto, onde o zaragozano Javier Ibarra (Kase.O) fusiona xunto co cuarteto de músicos Jazz Magnetism as raíces máis fondas do jazz e o hip-hop


SAMMY JO (DJ Scissor Sisters) 
Praza de Galiza -02.00h-
A gozar da noite co DJ residente do club Razzmatazz (Barcelona) e DJ oficial de Scissor Sisters!


Domingo 4 de marzo
TREIXADURA 

Praza de Galiza -19.30h-
Presentará o seu novo traballo de 20º aniversario, “Esa si que é muiñada” -2011-