Mostrando entradas con la etiqueta festival do queixo 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festival do queixo 2012. Mostrar todas las entradas

6 mar 2012

VÍDEOS DO FESTIVAL DO QUEIXO 2012!

Isto foi o que nos contou á cámara da festa Kase.O  sobre a súa experiencia connosco. Excusa dicir o agradecidos que lle/s estamos!


Tamén We Are Standard, nos contou a súa boa experiencia en Arzúa, o desexo de volver ao festival!

MOITAS GRAZAS AMIGOS!!!

MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Treixadura-

Treixadura puxo no seu 20º aniversario un broche de ouro á 37ª edición facendonos cantar, bailar e emocionarnos

MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -O Fiadeiro-

O Fiadeiro representou varias escenas do espectáculo 'Esta noite hai unha fía' poñendo en valor as raíces máis fondas dos nosos cantos populares



MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Sammy Jo-

O DJ de Scissor Sisters non parou de facer bises e fíxonos mover ata ben pasadas as catro da mañá!


MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Berlina-

Os gañadores do Queixo Maquetón máis concurrido!


MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -We Are Standard-

We Are Standard fixo mover ao ritmo do seu indie-rock tan bailable a todo o campo da feira!







MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Kase.O Jazz Magnetism-

Aquí vos deixamos máis imaxes do Festival! 
Kase.O Jazz Magnetism, o único concerto en Galicia, no Festival do Queixo de Arzúa!


  

5 mar 2012

MOITAS MOITAS GRAZAS!!!

Amig@S, este ano DARVOS AS GRAZAS É POUCO. 
Foi unha edición cargada de traballo e ilusión que vós fixestes máxica. Queremos transmitirvos o agradecemento e cariño mostrado dos artistas do festival, gratamente sorprendidos coa vosa participación da festa. Da súa parte, das queixerías que viñeron por 1ª vez, das que xa viñeron máis veces, dos profes dos obradoiros, e por suposto das persoas que formamos parte da organización e do Concello de Arzúa, MOITAS MOITAS GRAZAS. Ao longo de hoxe e durante os próximos días iremos subindo fotos e vídeos desta inesquecible 37ª edición. 
Deixámovos alguhas do concerto de Kase O. Jazz Magnetism, fumos arredor de 7.000 almas gozando xuntas!
Kase O Jazz Magnetism abarrotou o campo da feira de Arzúa

Nin eles nin nós nos queríamos despedir desta festa!
Gozamos da música, das letras e do ritmo Jazz Magnetism!

23 feb 2012

PRESENTACIÓN DA 37ª EDICIÓN

Presentada a PROGRAMACIÓN COMPLETA da 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012!  
O programa completiño está á vosa disposición no web da festa. Se desexades información máis polo miúdo, tamén podedes consultar -e se queredes descargar- o dossier 2012 na zona de prensa

Aquí tedes un vídeo -resumo da presentación alcalde de Arzúa-

 

O vídeo da entrevista para Correo TV


.


Aquí vedes tamén varias imaxes do acto
.
Presentación do cartel da 37ª edición da Festa do Queixo, Arzúa 2012
Na imaxe, de esquerda a dereita:
  • Jose Ramón Bernárdez, resp. Concurso ‘Queixo Maquetón
  • Natalia Pereira, concelleira de Cultura e presidenta Asociación para a Promoción da Festa do Queixo
  • Jose Luís García,  alcalde-presidente Concello de Arzúa
  • Xose Luís Carrera, presidente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa 
Jose Luís García (alcalde) explicou a filosofía, obxectivos e dimensión da festa

Natalia Pereira afondou no programa cultural e novidades desta edición


José Ramón Bernárdez falounos do éxito do Queixo Maquetón 2012

Xose Luis Carrerra falou da maior colaboración da D.O.P. Arzúa-Ulloa co evento

O Telecentro de Arzúa é un cómodo lugar de traballo para os medios

16 feb 2012

PROGRAMA COMPLETO FESTIVAL DO QUEIXO 2012!


Sábado 3 de marzo

INAUGURACIÓN OFICIAL
PREGOIRA 2012: Teté Delgado
A nosa ben simpática actriz, cantante e presentadora dará no recinto feiral o Pregón 2012! E despois, o ritmo máis rocanroleiro co seu concerto en acústico acompañada de ‘Teté y los Ciclones

TETÉ Y LOS CICLONES (acústico)
Recinto Feiral -1º andar- | 13h
www.tetedelgado.com  | www.teteylosciclones.com   
‘Teté y los Ciclones’ fórmase grazas a que polifacética Teté Delgado decide dar renda solta a unha das súas grandes  paixóns: ser vocalista dunha banda de puro Rock’n’Roll. Só nos queda gozar co seu Rock’n’Roll e Rhythm’n’Blues dos 50, posto ao día e sen complexos! Chegou O ciclón!

TALLER de CREACIÓN MUSICAL
Recinto Feiral -1º andar | 18.30h
Con Helios Vega -Kárabu- e David Van Bylen -Estereotypo- 
Tel. 981500222. (>12 anos)  Como aprender a compoñer unha canción 'desde cero'. Inscrición de balde ata o 1 de marzo!


KASE.O JAZZ MAGNETISM  
Campo da Feira | 21.30 h 
Presentan o seu último proxecto, onde o zaragozano Javier Ibarra (Kase.O) fusiona xunto co cuarteto de músicos Jazz Magnetism as raíces máis fondas do jazz e o hip-hop. Xira en exclusiva en 8 cidades españolas e ÚNICA CITA en GALICIA!

WE ARE STANDARD  
Campo da Feira | 23.15 h   
www.wearestandard.net   www.myspace.com/wearestandard 
Indie-rock bailable garantía de conexión e festa! Un directo moi enerxético co que fan gozar en cada concerto. Premios UFI da música independiente, Evolución 09, FIVA, MTV European Music Awards... Hedonismo, diversión e comunión, todo nun. A súa proposta de, como din as críticas internacionais ‘frenesí bailable’, da como resultado una nova referencia que abre portas infinitas ao seu futuro.  

GAÑADOR QUEIXO MAQUETÓN: BERLINA -Madrid- 
Praza de Galiza | 01.00h
www.myspace.com/berlinarock
Una nova marca histórica participación nesta 4ª edición. 196 grupos noveis aspiran a amosar o seu talento en Arzúa! 

SAMMY JO (DJ Scissor Sisters)  
Praza de Galiza | 02.00h 
A gozar da noite co DJ residente do club Razzmatazz (Barcelona) e DJ oficial de Scissor Sisters!

Domingo 4 de marzo
O FIADEIRO  
Praza de Galiza | 18.00 h
www.ofiadeiro.com 
Espectáculo “Esta noite hai unha fia”. Músicos, pandereteiras, pandereteiros, bailadores escenifican en cada baile e cun vestiario diferente un oficio ou labor. 55 artistas e 13 escenas co subtítulo ‘de oficios e labores’, homenaxe ás persoas que fixeron nos chegar ese gran patrimonio inmaterial

TREIXADURA  
Praza de Galiza | 19.30 h
www.treixadura.com 
Co seu novo traballo de 20º aniversario, “Esa si que é muiñada” -2011- revive a música e os cantos populares que se agochan, como ben din, na súa mochila e no substrato do pobo e todas e todos gardamos con tanto celo e cariño.

Que gocedes da festa, do queixo, e da música!

cartel Festival do Queixo 2012

XA TEMOS GAÑADOR DO QUEIXO MAQUETÓN!


Os madrileños 'Berlina' gañan 4ª edición do concurso Queixo Maquetón
Actuarán no Festival do Queixo 2012. Case 200 grupos presentados, marca histórica de participación!

O concurso de novas bandas bate este ano todas as marcas de participación, ao inscribirse 196 bandas chegadas de todas as comunidades autónomas españolas (só fóra de Ceuta e Melilla). Esta cifra case cuadriplica as recibidas na edición 2011, que xa fora ata entón a de maior participación (54 grupos). O gañador leva de premio 1000 euros, máis 400 euros en concepto de desprazamento e estancia en Arzúa, ademais de formar parte do cartel da 37ª Festa do Queixo!!!. Gozaremos do seu directo na madrugada do sábado 3 de marzo á (01:00 am. escenario praza de Galiza).
Berlina -Madrid-
Berlina (Madrid), é unha banda de indie rock shoegaze formada en 2008 e que ten na actualidade dous Lp´s autoproducidos ‘Anverso’ (2009) e ‘Parcialmente Despejado’ (2012). Entre os seus logros está ser seleccionados para o prestixioso festival Lemon Pop en 2008, semifinalistas do Demonova 2009 ou un segundo posto no Festival de Música Joven ‘Ciudad de Ávila’. Texturas ambientais e psicodelia, como base do seu son, Berlina aposta agora polo castelán en letras cun trasfondo máis elaborado. Sen esquecer o pop delicado que caracterizou á banda, aparecen agora cun son máis sucio nas guitarras e liñas máis potentes de batería que lles fai soar máis potentes nos seus directos!

Podedes escoitalos (e velos) en:
http://berlina.bandcamp.com/album/parcialmente-despejado
http://www.myspace.com/berlinarock


O xurado estivo formado por estes recoñecidos profesionais relacionados co mundo da música: Josiño Carballo (Ernie Producciones), Alberto Alfonso (Art Music Agency), Salvador García (Radio Vigo), Arturo Vaquero (resp.  Estudos Abrigueiro), Roberto Nicieza (Pop Up Música) e o propio responsable do concurso, Jose Ramón Bernárdez (Radio Arzúa). Xuntos determinaron que os madrileños fosen os gañadores desta 4ª edición. Unha difícil elección, este ano máis que nunca polo gran número de bandas!

7 feb 2012

1º VIDEOCLIP de Kase.O Jazz Magnetism!

Este é 'Boogaloo', 1º videoclip do disco en solitario de Kase.O Jazz Magnetism! Concerto en exclusiva en só 8 CIDADES españolas. ARZÚA ÚNICA CITA en Galicia!

  
Non estará mal gozar de  todo isto ao vivo! O sábado 3 de marzo ás 21.30h no escenario campo da Feira do Festival do Queixo! ;)