A partir de xaneiro de 2013 toda a actualidade poderédela ver e compartir na sección 'novas' do web. Así estará alí dispoñible e ben concentradiña toda a info da festa ;)
Mostrando entradas con la etiqueta 38 festa do queixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 38 festa do queixo. Mostrar todas las entradas
27 dic 2012
17 dic 2012
XA HAI GAÑADOR DO CONCURSO CARTEIS!
1º PREMIO
á peza nº 71 titulada “OS INGREDIENTES DA FESTA” de
Aitor Marín Castro, 29 anos (Pantiñobre, Arzúa) deseñador gráfico. Esta obra
será o cartel anunciador da 38ª edición da Festa do Queixo. O xurado coincidiu
que coa lenda que acompañaba ao cartel.
‘son moitas as actividades do programa da Festa do
Queixo. Diversos iconos que representan esas e outras actividades e aspectos
relacionados coa nosa cultura e idiosincrasia, completan o debuxo dun queixo de
Arzúa, o verdadeiro e máis importante protagonista da festa’.
![]() |
| 'Os ingredientes da festa' cartel gañador 2013 |
14 dic 2012
CONCURSO DE CARTEIS. MÁIS DE 120 IDEAS!!
Máis de 120 pezas recibidas no concurso de carteis para ser a imaxe da 38ª Festa do Queixo
![]() |
|
Comezo da montaxe dun dos paneis da exposición, Capela da
Madanela
|
Desde a Organización queremos agradecer a gran
participación rexistrada no Concurso de Carteis. Un ano máis o xurado vaino ter
ben difícil en Arzúa. Recibíronse ata hoxe 125 propostas, número que
supón a segunda marca histórica de participación do evento.
As distintas pezas están realizadas en diferentes
técnicas (dixitais, óleos, collages...) chegadas das catro provincias galegas e
do resto do Estado.
A votación popular para elixir o 4º premio será o domingo 16 de decembro, entre as 12 e as 14h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o 17/12/12, para poder entrar tamén na votación final do xurado.

A elección do gañador e premiados realizarase
na Capela da Madanela de Arzúa, o luns 17 de decembro 2012 ás 14:00h mediante
valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión ‘Festa do Queixo’.
Todas as pezas serán expostas na Capela de Madanela do 14/12/12 ao 14/01/13 (aberta de 19h a 21h), e durante as datas da festa. A elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 38ª edición. A entrega de premios incluirase no acto inaugural da Festa do Queixo (02/03/13).
PREMIOS: o certame outorga 1.000 euros en premios, cunha unha dotación económica de 600, 300 e 100 euros para o 1º, 2º e 3º premio, respectivamente e o da votación popular, que recibe un agasallo especial. Ademais, compleméntase con agasallos como fins semana e xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos Arzúa-Ulloa, lotes de produtos da festa (prato de cerámica de Sargadelos, camisetas, memorias USB, etc)

Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa. Os orixinais non premiados poderán recollerse Oficina da Concellaría de Cultura ata 60 días despois da celebración do evento.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)