Treixadura puxo no seu 20º aniversario un broche de ouro á 37ª edición facendonos cantar, bailar e emocionarnos
Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas
6 mar 2012
MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -O Fiadeiro-
O Fiadeiro representou varias escenas do espectáculo 'Esta noite hai unha fía' poñendo en valor as raíces máis fondas dos nosos cantos populares
Etiquetas:
37 festa do queixo,
arzúa,
festa do queixo,
festa do queixo 2012,
festival do queixo,
festival do queixo 2012,
fotos,
O Fiadeiro
MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Kase.O Jazz Magnetism-
Aquí vos deixamos máis imaxes do Festival!
Kase.O Jazz Magnetism, o único concerto en Galicia, no Festival do Queixo de Arzúa!
Kase.O Jazz Magnetism, o único concerto en Galicia, no Festival do Queixo de Arzúa!
Etiquetas:
37 festa do queixo,
arzúa,
festa do queixo,
festa do queixo 2012,
festival do queixo,
festival do queixo 2012,
fotos,
Kase.O Jazz Magnetism
5 mar 2012
MOITAS MOITAS GRAZAS!!!
Amig@S, este ano DARVOS AS GRAZAS É POUCO.
Foi unha edición cargada de traballo e ilusión que vós fixestes máxica. Queremos transmitirvos o agradecemento e cariño mostrado dos artistas do festival, gratamente sorprendidos coa vosa participación da festa. Da súa parte, das queixerías que viñeron por 1ª vez, das que xa viñeron máis veces, dos profes dos obradoiros, e por suposto das persoas que formamos parte da organización e do Concello de Arzúa, MOITAS MOITAS GRAZAS. Ao longo de hoxe e durante os próximos días iremos subindo fotos e vídeos desta inesquecible 37ª edición.
Deixámovos alguhas do concerto de Kase O. Jazz Magnetism, fumos arredor de 7.000 almas gozando xuntas!
![]() | ||
Kase O Jazz Magnetism abarrotou o campo da feira de Arzúa
|
![]() |
| Nin eles nin nós nos queríamos despedir desta festa! |
![]() |
| Gozamos da música, das letras e do ritmo Jazz Magnetism! |
3 mar 2012
INAUGURADA A FESTA!
Vaia inauguración e pregón espectacular que tivemos hoxe! Mirade o espírito e a enerxía de Teté Delgado no pregón e a continuación con Martín, o guitarra de Teté y los Ciclones.
Deixámosvos unhas fotos de todo. A festa segue con Kase O Jazz Magnetism. As probas de son non puideron sair mellor e todo está listo en Arzúa, incluso o ceo azul e a boa temperatura!
![]() |
| Entregas de premios do concurso de carteis e o de tapas e petiscos |
![]() | ||
| Jose Luís García, o alcalde de Arzúa, abrindo a 37ª edición |
![]() | |
| Teté Delgado, deunos un pregón para lembrar 'queeeseraa, seraaa..' |
![]() |
| Teté e Martín, no seu concerto en acústico |
![]() |
| 'Los Ciclones' levaron moitos aplausos e algúns agasallos como estos queixos :) |
Etiquetas:
37 festa do queixo,
arzúa,
festa do queixo,
festa do queixo 2012,
fotos,
FOTOS recinto feiral,
recinto feiral,
Teté Delgado,
Teté y los Ciclones
2 mar 2012
HOXE COMEZA A FESTA!!! :)
A xornada de hoxe venres 2 de marzo arrinca co 6º Concurso de tapas e petiscos 'Festa do Queixo', en 17 establecementos!
![]() |
| O xurado, votando na edición de 2011 |
Listaxe de locais participantes 2012
·
Restaurante O Gloman……………….. Prolong. de Ramón
Franco, s/n
·
Café Bar Manolo………………………. Avda. de Lugo, 48
·
Hostal Restaurante O Retiro………… Teiraboa
·
Café Bar Karper……………………….. Padre Pardo, 21
·
Casa de comidas Chelo……………… Fraga do Rei, 14
·
Cafetería Praza…………………….….. Avda. de Lugo, 2
·
Cafetería Venus……………………….. Avda. de Lugo, 17
·
Cafetería Chacala……………………… Avda. de Lugo, 133
·
Café Bar Mandala………………….….. Cima do Lugar
·
Pizzería O Rueiro……………………... Cima do Lugar
·
Confitería Café
A Esquina…………… Praza de Galiza
·
Café Bar Arco da Vella…………….….. Rúa do Castro
·
Hotel Suíza………………………….….. Rúa
do Río Vello, s/n
·
Mesón Catroventos……………………. Santa María - Arzúa
·
Pulpeira O Conxuro……………….…… Rúa das Dores s/n
·
Parrillada Os Casqueiros…………..…. Rúa do Castro, 10
·
Cafetería Ultreia…………………….…. Avda. de Lugo, 126
23 feb 2012
PRESENTACIÓN DA 37ª EDICIÓN
Presentada a PROGRAMACIÓN COMPLETA da 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012!
O programa completiño está á vosa disposición no web da festa. Se desexades información máis polo miúdo, tamén podedes consultar -e se queredes descargar- o dossier 2012 na zona de prensa
Aquí tedes un vídeo -resumo da presentación alcalde de Arzúa-
.
Aquí vedes tamén varias imaxes do acto
.
O programa completiño está á vosa disposición no web da festa. Se desexades información máis polo miúdo, tamén podedes consultar -e se queredes descargar- o dossier 2012 na zona de prensa
Aquí tedes un vídeo -resumo da presentación alcalde de Arzúa-
O vídeo da entrevista para Correo TV
.
Aquí vedes tamén varias imaxes do acto
.
![]() |
| Presentación do cartel da 37ª edición da Festa do Queixo, Arzúa 2012 |
Na imaxe, de esquerda a dereita:
- Jose Ramón Bernárdez, resp. Concurso ‘Queixo Maquetón’
- Natalia Pereira, concelleira de Cultura e presidenta Asociación para a Promoción da Festa do Queixo
- Jose Luís García, alcalde-presidente Concello de Arzúa
- Xose Luís Carrera, presidente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa
![]() | ||||
Jose Luís García (alcalde) explicou a filosofía, obxectivos e dimensión da festa
|
16 feb 2012
UN 'CICLÓN' DE PREGOEIRA PARA 2012!
Teté Delgado, a simpática e polifacética actriz,
cantante e presentadora dará o Pregón 2012!
Terá lugar na inaguración Oficial da 37ª edición. E despois gozarmos co seu concerto en acústico acompañada de ‘Teté y los Ciclones’ onde Teté dá renda solta a unha das súas grandes paixóns: ser vocalista dunha banda do máis puro Rock’n’Roll.
Só nos queda gozar co seu Rock’n’Roll e Rhythm’n’Blues dos 50, posto ao día e sen complexos ¡Chegou O ciclón!
![]() |
| Teté y los Ciclones |
Inaguración, pregón e concerto en acústico: recinto feiral 'Terra do Queixo', sábado 3 de marzo, 13h
Web Teté Delgado
Myspace 'Teté y los Ciclones'
Teté Delgado -Wikipedia-
Web Teté Delgado
Myspace 'Teté y los Ciclones'
Teté Delgado -Wikipedia-
Etiquetas:
37 festa do queixo,
festa do queixo,
festa do queixo 2012,
festival do queixo,
fotos,
inauguración e pregón,
pregón,
Teté Delgado,
Teté y los Ciclones
12 ene 2012
‘IRIBO’ -PEZA Nº 73- GAÑADORA DO CONCURSO DE CARTEIS
Hoxe ás 14h tivo lugar na Capela da Madalena de Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS da 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012.
1º PREMIO: peza nº 73 titulada 'Iribo' de Ana García Pardo, deseñadora gráfica e empresaria autónoma (39 anos, Arzúa). Esta obra acadou un total de 18 puntos (sobre os 21 posibles) e será o cartel anunciador e promocional da 37ª edición.
1º PREMIO: PEZA Nº 73
![]() |
| Cartel 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012 |
O xurado valorou a sinxeleza e a elegancia estilizada da creatividade final, así como a orixinalidade do formato deste cartel. A autora utiliza unha imaxe en silueta da figura da queixeira e sitúa ao queixo como elemento central chamando poderosamente a atención sobre o conxunto. Unha moi orixinal composición de gran impacto visual coa que se consegue un deseño compensado, equilibrado e moi atractivo no xogo das formas, trazos e cores.
2º PREMIO: PEZA Nº 102
![]() |
| Autora: Laura Velasco (Lugo) |
3º PREMIO: PEZA Nº 110
![]() |
| Autora: Mª Luisa Mosteiro (A Mella - Arzúa) |
A dotación dos premios é de 600, 300 e 100 euros para o 1º, 2º e 3º premio, respectivamente, unido a agasallos de fins semana e xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos talla XL e lotes de produtos da festa (prato de cerámica de Sargadelos, camisetas, memorias USB, etc). O 4º premio, un lote agasallo especial da organización, recaeu na peza nº 91, elixida anteriormente por votación popular entre case 100 persoas.
E de 135 propostas... foron 4 mozas as gañadoras! O premio por votación popular e os 3 premios do xurado!. Impresionante esta edición a gran creatividade feminina galega! :)
PARABÉNS!!!
8 abr 2011
RESUMO EN VÍDEOS FESTA DO QUEIXO 2011
Vídeo resumo da 36ª edición
Vídeos resumo concertos Festival do Queixo
Vídeos resumo concertos Festival do Queixo
Tote King
o sábado 12 de marzo, no escenario do Campo da Feira
o sábado 12 de marzo, no escenario do Campo da Feira
Delinqüentes e Tomasito
o sábado 12 de marzo, no escenario do Campo da Feira
o sábado 12 de marzo, no escenario do Campo da Feira
Riobó
o domingo 13 de marzo, no escenario da Praza de Galiza
o domingo 13 de marzo, no escenario da Praza de Galiza
Susana Seivane
o domingo 13 de marzo, no escenario da Praza de Galiza
3º Concurso de maquetas Queixo Maquetón
Zapatotipobota -Euskadi-, GRUPO GAÑADOR
o sábado 13 de marzo, no escenario da Praza de Galiza
o sábado 13 de marzo, no escenario da Praza de Galiza
Munich -Vigo- GRUPO FINALISTA
o sábado 13 de marzo, no escenario da Praza de Galiza
Le Cûl -Chantada- GRUPO FINALISTA
o sábado 13 de marzo, no escenario da Praza de Galiza
16 mar 2011
MÁIS DE 30.000 PERSOAS PARTICIPAN DA FESTA DO QUEIXO 2011
Os concertos do Festival do Queixo con Tote King, Delinqüentes e Tomasito, e a agardada sesión DJ de Chema Rey completaron aforo.
Durante a fin de semana de celebración da 36ª Festa do Queixo milleiros de persoas visitaron Arzúa, o éxito de público reflectiuse especialmente na alta participación das actividades programadas e na asistencia aos concertos do Festival do Queixo.
![]() |
| Delinqüentes e Tomasito no Festival do Queixo 2011 |
Na xornada do sábado os concertos foron o prato forte da programación. As actuacións de Zapatopitobota, grupo gañador do Queixo Maquetón 2011 Tote King, Delinqüentes+Tomasito e Chema Rey completaron aforo nos escenarios do Campo da Feira e da Praza de Galiza.
| Tote King no Festival do Queixo 2011 |
Etiquetas:
36 festa do queixo,
arzúa,
delinqüentes,
festa do queixo,
festa do queixo 2011,
festival do queixo,
Festival do Queixo 2011,
fotos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











































