Mostrando entradas con la etiqueta festival do queixo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festival do queixo. Mostrar todas las entradas

12 dic 2012

AVANCE Programación Festival do Queixo 2013


Hoxe remata o prazo do concurso de carteis, que mellor día para compartir xa un adianto da programación desta 38ª edición que se achega! ;) 

Estes son dous primeiros grupos confirmados do Festival do Queixo 2013, os cántabros Estereotypo e a nosa gaiteira e pianista galega máis internacional, Cristina Pato




ESTEREOTYPO  
Sábado 2 de marzo, Praza de Galiza 
Se acabó la fiesta ['Estereotypo', disco confirmación da banda cántabra] 

Estereotypo presentará en Arzúa o seu terceiro álbum, homónimo da banda. Tras dous discos frescos, explosivos, frenéticos, creados entre concerto e concerto tomaron alento. Rematou a festa, chegou a hora de reencontrarse. O terceiro álbum demostra o paso firme e irreversible cara a un son máis pop, máis elegante e menos impulsivo. As letras cobran maior importancia que nos seus anteriores traballos, marcando o inicio dunha nova etapa.

A evolución tamén se deixou ver nas letras, que cobraron maior importancia e reflicten o momento persoal, o momento social que estamos a vivir e mesmo as relacións sentimentais algo inédito nos santanderinos. Estereotypo son: David Van Bylen (Voz, Baixo e teclado), Fran Fernández (Guitarras e sintetizadores) e Sergio Madrazo (Batería)

www.estereotypo.com
www.facebook.com/estereotypo 
www.twitter.com/estereotypo

CRISTINA PATO   
Domingo 3 de marzo, Praza de Galiza

Cristina, que estará no Festival do Queixo por vez primeira, foi a primeira muller gaiteira en publicar un disco en solitario. 

Abriu camiños históricos dentro do mundo da Gaita Galega. Non parou de evolucionar colaborando con artistas da world music, o jazz, a música clásica ou a experimental. O seu poderoso estilo único e inconfundible está cheo de paixón e enerxía. Fusiona Latin jazz con pop e música contemporánea e usa toda a súa arte e virtuosismo para sacar adiante unha linguaxe persoal que é froito da síntese do seu amor pola música galega e a súa formación clásica.

A súa carreira profesional inclúe catro discos como gaiteira solista e dous como pianista, máis dunha trintena de colaboracións en gravacións de outros artistas entre as que se encontra. Activa e comprometida coa música contemporánea e de raíz, Cristina continua a abrir novas vías para a gaita galega. Reside en Nova York desde 2004. 

En xaneiro de 2013 virá o seu novo traballo, lanzado para o mercado americano, Migrations. Nace como unha forma de entender a música como un ser vivo que medra, cambia e evoluciona mediante a colaboración con outros músicos e a influenza doutras culturas.

www.twitter.com/CristinaPato 

Nas próximas semanas iremos sabendo as novas confirmacións do festival e novidades do programa de actividades! ;)

15 nov 2012

ARRANCA O CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN

Hoxe abre o prazo a 5ª edición do Concurso de maquetas QUEIXO MAQUETÓN. O prazo remata ata o 15 de febreiro de 2013 ás 15h.


O Queixo Maquetón leva 4 anos batendo marcas. Despois do éxito do pasado ano, no que se recibiron case 200 propostas chegadas desde practicamente todas as comunidades españolas, esta nova edición busca por outra banda a consolidación do concurso dentro do panorama estatal e un novo gañador que relevará no palmarés aos madrileños Berlina.

BASES: podedes ver as BASES PARA PARTICIPAR no Myspace do concurso, así como tamén escoitar a todos os grupos.  No Youtube da festa o vídeo-resumo do o concerto de Berlina

PREMIOS: o gañador terá o privilexio de actuar en Arzúa formando parte do Festival do Queixo. Gozaremos do seu directo o sábado 2 de marzo (arredor da 01:00 na Praza de Galiza). Ademais, levarase como premio en efectivo 1.400 euros (1.000 euros en concepto do concerto que ofrecerán en Arzúa e 400 e euros para gastos de desprazamento e estancia.
Poderán formar parte todos aqueles grupos noveis ou solistas españois que non teñan ningún álbum publicado, coa excepción dos autoeditados ou que non teñan firmado ningún contrato discográfico. Ademais, só se admitirán traballos encadrados estilisticamente no pop-rock e as novas tendencias, como vén sendo habitual desde o comezo do concurso.

6 mar 2012

VÍDEOS DO FESTIVAL DO QUEIXO 2012!

Isto foi o que nos contou á cámara da festa Kase.O  sobre a súa experiencia connosco. Excusa dicir o agradecidos que lle/s estamos!


Tamén We Are Standard, nos contou a súa boa experiencia en Arzúa, o desexo de volver ao festival!

MOITAS GRAZAS AMIGOS!!!

MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Treixadura-

Treixadura puxo no seu 20º aniversario un broche de ouro á 37ª edición facendonos cantar, bailar e emocionarnos

MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -O Fiadeiro-

O Fiadeiro representou varias escenas do espectáculo 'Esta noite hai unha fía' poñendo en valor as raíces máis fondas dos nosos cantos populares



MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Sammy Jo-

O DJ de Scissor Sisters non parou de facer bises e fíxonos mover ata ben pasadas as catro da mañá!


MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Berlina-

Os gañadores do Queixo Maquetón máis concurrido!


MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -We Are Standard-

We Are Standard fixo mover ao ritmo do seu indie-rock tan bailable a todo o campo da feira!







MÁIS IMAXES DO FESTIVAL DO QUEIXO -Kase.O Jazz Magnetism-

Aquí vos deixamos máis imaxes do Festival! 
Kase.O Jazz Magnetism, o único concerto en Galicia, no Festival do Queixo de Arzúa!


  

5 mar 2012

MOITAS MOITAS GRAZAS!!!

Amig@S, este ano DARVOS AS GRAZAS É POUCO. 
Foi unha edición cargada de traballo e ilusión que vós fixestes máxica. Queremos transmitirvos o agradecemento e cariño mostrado dos artistas do festival, gratamente sorprendidos coa vosa participación da festa. Da súa parte, das queixerías que viñeron por 1ª vez, das que xa viñeron máis veces, dos profes dos obradoiros, e por suposto das persoas que formamos parte da organización e do Concello de Arzúa, MOITAS MOITAS GRAZAS. Ao longo de hoxe e durante os próximos días iremos subindo fotos e vídeos desta inesquecible 37ª edición. 
Deixámovos alguhas do concerto de Kase O. Jazz Magnetism, fumos arredor de 7.000 almas gozando xuntas!
Kase O Jazz Magnetism abarrotou o campo da feira de Arzúa

Nin eles nin nós nos queríamos despedir desta festa!
Gozamos da música, das letras e do ritmo Jazz Magnetism!